Colaboramos coa nova Tarxeta-Bono Cultura Galega

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, en colaboración co AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), acaba de lanzar esta nova Tarxeta-Bono, que terá un custo de 33 € e permiritá adquirir a todos os seus usuarios libros en galego ou entradas a espectáculos teatrais de compañías galegas por valor de 50€.

Ademáis, os libros en galego que se merquen con esta tarxeta terán un 10% de desconto. ¡Somos establecemento adherido a este programa e terás todas as súas vantaxes no noso espazo!

A tarxeta poderá solicitarse dende este sábado día 10 de outubro, e poderá empregarse ata o 10 de decembro, pasada esta data, a tarxeta xa non terá validez.

Para poder adquirir a tarxeta-bono desbes ter entre 18 e 30 anos, ou senón, podes adquirila para AGASALLAR a un mozo ou moza que teña unha idade comprendida entre 18 e 30 anos. Podes agasallar a tantos mozos/as como queiras!!

Cada mozo/a soamente poderá dispoñer dunha tarxeta.

 

¿Cómo solicitala?

1- Pulsando neste botón de Consíguea!, ou a páxina web www.tarxetabonoculturagalega.gal , no mesmo botón, que te dirixirá a páxina de compra de Afundación, empresa encargada da venda das tarxetas.

Unha vez alí, soamente tes que mercala online. Preme o botón seleccionar para continuar. No momento da compra terás a opción de solicitar a tarxeta-bono en formato PVC, que poderás recoller na sucursal de Abanca que solicites. Tendes a opción de adquirila como agasallo. Nese caso, o número de teléfono asociado a tarxeta debe ser o do mozo/a, non o teu, lembra isto á hora de cubrir os datos!

Se prefires dispoñer da tarxeta de forma dixital e non a queres en PVC, non hay problema! Descárga a App Tarxeta Bono Cultura Galega no teu móbil e terás o código QR da tarxeta que poderás usar para mercar os teus libros coa tarxeta.

 

2.- Actívaa a páxina web www.tarxetabonoculturagalega.gal , ou pulsando neste botón aquí mesmo e rexístrate.

1º Introduce o número da tarxeta, que recibiches por correo electrónico ou SMS no momento da compra.

2º Pulsa o botón “Rexistrarse” e recibirás unha mensaxe no móbil ou correo electrónico cun contrasinal.

3º Introduce agora tamén o contrasinal, e...¡xa está activada!

 

Maís adiante, se queres consultar o saldo e as túas compras coa tarxeta, ingresa neste mesmo enlace e accede a túa conta.

Tamén te podes rexistrar e validar a tarxeta a través da App Tarxeta Bono Cultura Galega.

 

3.- Ven a nosa librería co móbil e a tarxeta (física ou dixital na App) e elixe os teus libros favoritos en galego con descontos!!

 

¡ESPERÁMOSTE!

 

SE TES DÚBIDAS NÓS AXUDÁMOSTE, CONTACTA POR TELÉFONO, A TRAVÉS DAS REDES SOCIAIS OU PÁSATE POLA NOSA LIBRARÍA!!

Descarga o manual de usuario completo da tarxeta AQUÍ.