Warning: rename(D:\web\Sesion\web\ads.txt~,D:\web\Sesion\web\ads.txt) [function.rename]: File exists in D:\web\Sesion\web\administrator\components\com_mobilejoomla\classes\mobilejoomla.php on line 414
2º Concurso "Balbino" de Relatos

2º Concurso "Balbino" de Relatos

 

 

Xa está aberta a convocatoria do 2º Concurso "Balbino" de relatos. Invitamos a participar tanto aos clientes que vos gusta escribir, e todavía sodes escritores nóveles, como aos escritores xa recoñecidos.

Baixo o nome da emblemática personaxe literaria de Balbino, do libro "Memorias dun neno labrego", creada polo escritor Xosé Neira Vilas; este certame xurdiu co fin de promover a literatura, a lingua e aos escritores de Galicia.

Este ano a temática de relato debe estar relacionada co rural galego e poderá presentarse ao concurso ata o 30 de xuño. O relato deberá estar escrito en galego e ter unha extensión de entre 100.000 e 180.000 caracteres. O concurso conta cun premio de 1.500 euros e a publicación da obra gañadora por Edicións Fervenza.

Na edición anterior, o gañador foi o xoven Xian Lois Alcayde Dans, da Coruña, coa súa obra “Camiños na sombra”.

O concurso está promovido pola empresa Técnicas & Gramaxe S.L. e co apoio da Fundación Xosé Neira Vilas, en colaboración coa Secretaría Xeral de Lingüística da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e os concellos de Vila de Cruces e Boqueixón.

Podedes consultar as BASES nesta ligazón.